As bibliotecas de Ames van celebrar o Día da Poesía cun taller de postais para escolares

Está dirixido á rapazada de 3º e 6º de Primaria e será en Milladoiro o día 24 e en Bertamiráns o 25

Biblioteca e escola municipal de Ames

Biblioteca e escola municipal de Ames / Concello de Ames

redacción

As bibliotecas municipais de Ames preparan un novo obradoiro co gallo da celebración do Día Mundial da Poesía. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 24 de marzo no Milladoiro, e o sábado 25 en Bertamiráns.

É preciso anotarse previamente para participar, ata o vindeiro mércores 22. As inscricións poden facerse escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números de teléfono 981 530 807 (no caso de querer asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 884 829 (no caso de querer asistir ao taller que terá lugar en Bertamiráns).

O departamento de bibliotecas amesán retoma novamente as actividades dirixidas aos nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria, ofrecendo desta volta o obradoiro de creación de postais con poemas e collages Querida poeta, dous puntos. Con esta iniciativa preténdese que os mozos e mozas se familiaricen coa poesía e a perciban como a materia prima para crear unha obra plástica.

Así mesmo, tamén se busca crear un espazo para reflexionar sobre feminismo e igualdade a través dos textos e as imaxes propostas para que a rapazada traballe.

O taller desenvolverase de maneira dual nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns. No centro do Milladoiro terá lugar o 24, ás 17.30, mentres que en Bertamiráns celebrarase o 25 ás 11.30 h.