Síguenos en redes sociales:

Melide vén de convocar o Premio de Relato Curto en prol da Igualdade

Melide vén de convocar o Premio de Relato Curto en prol da Igualdade

O Concello de Melide vén de convocar o III Premio de Relato Curto en prol da Igualdade, un certame que ten por obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de acadar unha igualdade real entre homes e mulleres. A temática do relato versará sobre calquer aspecto relacionado coa muller, dende vivencias, relacións familiares, persoais, ámbito laboralou violencia de xénero. As obras que se presenten ao certame deberán estar escritas en lingua galega, cunha extensión mínima de cinco folios e máxima de dez, segundo consta nas bases. Asemade, outorgaranse tres premios, un primeiro de 350 euros, un segundo de 200 euros e o terceiro de 150 euros. As personas interesadas en participar deberán enviar os seus relatosao, por quintuplicado, ao departamento de Cultura do Concello de Melide, antes das 14.00 horas do luns 17 de abril de 2023. Indicar, finalmente, que os relatos ficarán no Concello melidense que non devolverá os exemplares gañadores, según especifican as propias fases deste premio.

Pulsa para ver más contenido para ti