Síguenos en redes sociales:

Escolares participarán na recollida de residuos pola senda verde do río Sar

Escolares participarán na recollida de residuos pola senda verde do río SarECG

Escolares do CEIP Flavia do Concello de Padrón participarán nunha xornada de sensibilización medioambiental e de recollida de residuos pola senda verde do río Sar coa que queren concienciar a razapada da importancia do voluntariado e do respecto ó medio natural. A actividade está prevista para que se celebre o xoves 30 de marzo a partir das 11.00 da mañá, con saída no cemiterio de Padrón, segundo explican desde a organización. Os profesores verdes da Asociación Amicos dirixirán os traballos de limpeza de residuos na zona, para concienciar ao alumnado da importancia de coidar a nosa natureza e a súa biodiversidade. Indicar que esta acción forma parte do programa #HerdanzaMater, un proxecto de responsabilidade social medioambiental impulsado por #Amicos para destacar a importancia do voluntariado e da concienciación coa contorna natural sobre todo entre os maís novos. O Concello de Padrón colabora na organización desta xornada formativa, que leva por título HerdanzaMater: Misión Padrón.

Pulsa para ver más contenido para ti