Síguenos en redes sociales:

Retiran a xardineira de pedra do parque infantil de Palmeira para ampliar a área de xogos

Retiran a xardineira de pedra do parque infantil de Palmeira para ampliar a área de xogos

O Concello de Ribeira iniciou as obras de ampliación do parque infantil de Arrochela, situado fronte á zona portuaria de Palmeira.

Vaise demoler a xardineira que o circunda e parte do pavimento de adoquín da praza onde se enclava, gañando así un espazo que permitirá instalar novos xogos que complementen aos existentes.

Tamén se estenderá unha capa de caucho continuo nas áreas de seguridade e céspede artificial na superficie restante. O orzamento das obras é de 39.798 euros.

Pulsa para ver más contenido para ti