Muros acollerá tres obradoiros de bordado sobre papel, cestería e estampaxe
Impartiranse do trinta de marzo ó dous de abril no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, presentaron o programa de actividades para celebrar na vila os Días Europeos da Artesanía. Trátase de tres obradoiros para público de todas as idades que se realizarán no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón do 30 de marzo ó 2 de abril.
Minia Banet impartirá un taller de bordado sobre papel, no que se traballará con imaxes antigas de Muros e da zona; Julia de la Cal ensinará a facer cestos con vimbios ou corres; e Xiana Cobo, a técnica de estampaxe por bloques sobre tecido.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Más en Área
-
Permanece estable dentro de la gravedad el menor herido tras precipitarse desde un tejado en Dumbría
-
Aparece el cuerpo sin vida de un vecino de Rois tras la iglesia de Augasantas
-
Investigan a tres vecinos de Santiago por un hurto y un robo con violencia en una empresa de Valga
-
La orquesta Olympus actuará mañana en el Code Fest de Boqueixón
Comentarios
Ver comentarios