Síguenos en redes sociales:

Escolares do CEIP Ponte do Porto aprenden as claves para facer un uso responsable da auga

Escolares do CEIP Ponte do Porto aprenden as claves para facer un uso responsable da auga

Escolares do CEIP Ponte do Porto, de Camariñas, participaron en talleres impartidos pola Xunta con motivo do Día da Auga para afondar no uso responsable da auga e nas boas prácticas para evitar a contaminación. O obxectivo desta iniciativa é aumentar a sensibilización ambiental entre os máis novos, fomentando a adquisición de coñecementos relativos á contaminación e á depuración das augas residuais urbanas.

O alumnado de 1º e 2º de Primaria coñeceu a importancia da auga para a vida e a necesidade de protexela, así como o funcionamento e características dunha depuradora. Estes temas trasladáronse a través de presentacións didácticas e visuais, vídeos ou animacións co fin de acadar unha aprendizaxe doada e entretida.

O taller tamén incluíu unha práctica de descontaminación da auga, que consistiu na creación de auga residual nuns recipientes e no simulado posterior dos elementos dunha planta real: filtración, rascado superficial, decantación, aspiración, axitación e aireación.

Pulsa para ver más contenido para ti