Síguenos en redes sociales:

Recepción no Concello de Ames a activistas do colectivo Comcavis Trans de El Salvador

Recepción no Concello de Ames a activistas do colectivo Comcavis Trans de El Salvador

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Igualdade, Beatriz Martínez, recibiron no salón de plenos do Concello as activistas Bianka Rodríguez e Marcella Hernández da asociación Comcavis Trans de El Salvador.

Entre os días 22 e 30 de marzo están desenvolvendo unha ampla axenda de sensibilización e incidencia política sobre os dereitos das persoas LGTBI, en varias localidades galegas. A mencionada actividade está organizada por ACPP Galicia no marco do proxecto Abeirar, que ten por obxecto pór de relevo o xénero e as diversidades sexuais como causa de desprazamentos forzados.

O pasado 22 de marzo comezou a xira galega das activistas transexuais que están visitando diferentes localidades para desenvolver actividades de sensibilización nos centros de ensino, divulgación e incidencia en persoas con cargos políticos. Este martes 28 de marzo visitaron a Casa do Concello para manter unha xuntanza co alcalde e maila concelleira de Igualdade. Posteriormente, participaron nunha actividade no IES de Ames con alumnado da ESO.

Pulsa para ver más contenido para ti