Síguenos en redes sociales:

Melloran espazos de lecer en Valga co obradoiro de emprego

Melloran espazos de lecer en Valga co obradoiro de emprego

Os aprendices da especialidade de xestión forestal do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI levan xa varias semanas realizando prácticas formativas e traballos de utilidade pública en espazos de lecer e zonas verdes de Valga. Un exemplo é a área fluvial de Vilarello, onde este mércores recibiron a visita da edil de Formación e Emprego, Carmen Gómez, á que acompañaron o edil Pedro Calvo e a directora do obradoiro, Mª Carmen Vidal. Os dez alumnos están a realizar desbroces, podas de redución de copa, podas de saneamento, traballos de limpeza e outras tarefas. Dirixidos pola docente desta especialidade, Ana María Jiménez, catro aprendices encárganse de desbrozar, dous realizan podas e contan con outras dúas persoas de apoio para a retirada de pólas. Os outros dous alumnos que completan o equipo teñen encomendas tarefas como a retirada de hedras dos carballos para evitar que cheguen a asfixiar as árbores. Traballos similares acometéronos tamén na Mina Mercedes, Parque Irmáns Dios Mosquera ou na Praza do Concello.

Pulsa para ver más contenido para ti