Síguenos en redes sociales:

O sector turístico da Costa da Morte avanza cara a profesionalización

O sector turístico da Costa da Morte avanza cara a profesionalizaciónAPTCM

A Asociación de Profesionais do Turismo de Costa da Morte (APTCM) contratará os servizos daempresa Vixía Sustentabilidade para que lles brinde a asistencia técnica necesaria para garantir "a profesionalización do sector e da propia asociación", afirmou o seu presidente Pepe Formoso. O acordo foi adoptado por unanimidade nunha asemblea celebrada en Vimianzo na que participaron máis da metade do socios do colectivo turístico.

Na xuntanza tamén se acordou duplicar a cota anual que paga cada asociado. A este respecto hai que subliñar que a campaña de captación de socios impulsada pola nova xunta directiva, que preside Pepe Formoso, xa está a dar o seu froito, xa que "rexistramos un incremento de máis do cen por cen nos últimos meses e xa somos actualmente 132 membros, o que nos fai pensar que imos polo bo camiño e que estamos cumprindo obxectivos", afirmou.

Pulsa para ver más contenido para ti