O centro de saúde de Arzúa ten cinco médicos e pediatra trala nova incorporación

Finalizan os traballos de reforma do PAC que estará operativo nos vindeiros días

Centro de saúde do concello de Arzúa / concello

Centro de saúde do concello de Arzúa / concello / redacción

Redacción

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza continúa a reforzar os seus centros de atención primaria nesta ocasión coa incorporación dun facultativo no centro de saúde de Arzúa que pasa a contar, dende hoxe, con 5 médicos de familia amais do especialista en pediatría.

Este incremento permite que cada facultativo teñan asignado un cupo inferior ás 1.100 tarxetas, segúndo indican desde o Sergas.

O Área sanitaria informou, tramén de que hoxe venres rematan as obras de reforma que supuxeron a creación dunha área totalmente nova de atención urxente (PAC), que duplica e mellora considerablemente a anterior.

O novo PAC conta cun espazo de 150 metros cadrados nos que hai 1 consulta de médico, 1 de enfermeira, zona de admisión, sala de espera e, grazas ás obras, gañou unha completa sala de observación con 2 postos. O orzamento adicado os traballos superou os 48.000 euros.

Ademais da adecuación xeral interior dos novos espazos, levouse a cabo a mellora do illamento da fachada da nova zona, tamén a instalación da calefacción, circuítos de ventilación, instalación eléctrica e de comunicacións, amais da iluminación, entre outras.

Nos vindeiros días, unha vez rematen as tarefas de limpeza e colocación de mobiliario, o Punto de Atención Continuada xa estará en funcionamento.

Deste xeito, amais deste incremento da nova praza de médico crecerá nunha praza de enfermeira para pediatría, e conta cun reforzo dun PSX debido ao aumento de usuarios que realizan o Camiño de Santiago.

Sinalar, por úlitmo, que tamén se dotou ao centro de saúde de Arzúa cun ecógrafo que aumentará a capacidade de resolucin, segundo as fontes.