Adega pide a denegación do parque eólico Pena dos Mouros na contorna dos Penedos de Traba

Penedos de Traba, no concello de Laxe

Penedos de Traba, no concello de Laxe / Fins Eirexas

Redacción

A asociación ecoloxista Adega exise á Xunta que denegue o terceiro parque eólico Pena dos Mouros proxectado pola empresa EDP na contorna dos Penedos de Traba e Pasarela, como xa o fixo cos proxectos Soesto e Monte Chan, ao ser informados desfavorablemente.

Aseguran que o de Pena dos Mouros "é outro exemplo de fragmentación artificial de proxectos" coa finalidade de "evitar a competencia autorizatoria do Estado a favor da autonómica". Engaden que cando se produce este feito "minóranse as garantías de protección ambiental, ao aniquilar as posibilidades de avaliar conxuntamente aqueles proxectos artificialmente divididos".

Sinalan ademais dende Adega que as instalacións previstas ocupan unha área incluída nas dúas propostas de ampliación da Rede Natura 2000, polo que piden á Xunta que "considere os mesmos criterios alegados para os parques Monte Chan e Soesto e emita tamén una declaración de impacto abmiental negativa para o parque Pena dos Mouros".