Catro alumnos da Pobra farán prácticas en empresas de Italia e Portugal
O Centro de Formación Profesional Divino Maestro da Pobra, especializado na rama de administración e xestión, presentou ante a Comisión Europea un proxecto de curta duración de Erasmus+ baixo o título Formación en centros de traballo para promover a inclusión dende o rural a Europa, que ten por obxectivo facilitar novas oportunidades ao alumnado para a realización das prácticas non laborais noutros países da Unión Europea. A directora pedagóxica do centro, Chefa Bretal, referiuse ao programa Erasmus+ como “unha oportunidade para mellorar as competencias persoais e profesionais do noso alumnado, pois a experiencia permitiralles achegarse a novas culturas, linguas e formas de traballo”. No presente curso, dúas alumnas de ciclo medio en Xestión Administrativa, Iraida Sanlés e Raquel García, viaxarán a Boloña (Italia) para facer prácticas no departamento de administración dunha empresa de formación. A súa estadía prolongarase dende esta semana ata finais de xuño. Pola súa banda, dous alumnos do ciclo básico en Servizos Administrativos, Ainara Figueiras e Fernando Pérez, desprazaranse a Oporto (Portugal) para traballar no almacén central da empresa de calzado Manuel Alves. Eles estarán ata finais de maio.
Temas
Más en Área
-
Los comedores de Ames abrirán este lunes y Sanidade admite al menos un centenar de afectados por gastroenteritis
-
Vimianzo estrena una senda urbana, una ruta saludable de 3,7 Km y un ciclo de seis andainas
-
La Policía Local de Ribeira pide la colaboración ciudadana para localizar a tres menores que dieron una paliza a otro
-
Guadalupe Vázquez e Modesto Fraga inauguran a biblioteca rural da escola fisterrana do Val de Duio