A oficina de Abanca da Picota foi elexida como a mellor do rural de Galicia no 2022
O premio recoñece a excelencia da oficina na atención e servizo ao cliente, así como o cumprimento dos seus obxectivos de negocio
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, e o conselleiro delegado Francisco Botas, entregaron este xoves aos responsables da oficina da Picota (Mazaricos) a distinción como mellor oficina rural do banco durante o pasado ano.
O premio recoñece a excelencia da oficina na atención e servizo ao cliente, así como o cumprimento dos seus obxectivos de negocio. Sucede nesta distinción á de Baralla (Lugo).
Na Picota traballan catro profesionais e as características principais desta oficina son “a súa estreita conexión coa súa contorna social e a súa especilización nas particularidades do sector gandeiro”, afirman desde Abanca. Subliñan ademais que é tramitadora de axudas PAC e “unha das máis destacadas no financiamento de plans de mellora e novas incorporacións”.
Abanca é ademais un dos patrocinadores das xornadas técnicas da Semana Gandeira de Mazaricos e ten un un convenio coa Asociación Gandeira do municipio.
O presidente e o conselleiro delegado aproveitaron a súa visita a Mazaricos para manter un encontro cos profesionais da oficina e para achegarse á explotación gandeira SAT Busto-Corzón, unha das explotacións de vacún de leite con maior produción de Galicia.
Temas
Más en Área
-
Bela Fisterra estreará no Festival de Cans un videoclip de homenaxe a Kepa Junquera
-
Bela Fisterra estreará no Festival de Cans un videoclip de homenaxe a Kepa Junquera
-
“A nivel salarial non está en absoluto recoñecido o labor que fan os alcaldes”
-
Ames executa obras por valor de 2,76 millóns en Bertamiráns, Milladoiro e núcleos rurais