Unha nova ponte permitirá cruzar o río en coche de Aguiño a Castiñeiras

Paso actual sobre o río Listres, entre Aguiño e Castiñeiras / C. de ribeira

Paso actual sobre o río Listres, entre Aguiño e Castiñeiras / C. de ribeira / suso souto

O Concello de Ribeira adxudicou a Canarga a construción dun paso sobre o río Listres para dar continuidade á circulación tanto de vehículos como de peóns polas rúas que desembocan neste cauce fluvial que marca a separación das parroquias de Castiñeiras e Aguiño. Concretamente, entre as rúas Pedras (Aguiño) e Paxariños (Castiñeiras). A tal efecto vaise desmontar o paso peonil actual (que será recolocado provisionalmente augas abaixo da zona de obra e será retirado definitivamente unha vez se poña en servizo a nova infraestrutura) e no seu lugar instalarase un novo paso de formigón sobre pilotes, con beirarrúas en ambas marxes e barandillas de protección lateral. A área de actuación ten unha lonxitude de 20 metros e un ancho de 9. A actual tubaxe de abastecemento da auga será desmontada e trasladada máis abaixo. En previsión da posta en funcionamento de servizos futuros, na zona de beirarrúas vanse dispoñer tubaxes para canalización de abastecemento, alumeado e comunicacións. O orzamento é de 75.571 €.