O Concello de Carballo aínda non recuperou a normalidade tras o ciberataque do mércores

Un virus ramsomware foi a vía utilizada polos delincuentes informáticos para perpetrar o ciberataque ao Concello de Carballo na madrugada do mércores. Dende o primeiro momento, expertos da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e de varias empresas, en coordinación co informático municipal, traballan as 24 horas do día para restablecer os servizos canto antes pero, sobre todo, ca máxima seguridade.

Tras habilitar un equipo para o padrón municipal e outro para o rexistro, o venres empezaron a funcionar outros sete postos que permiten seguir ampliando os servizos de atención ao público, e a partir do martes seguiranse instalando novos equipos nos diferentes departamentos.

A empresa encargada da copia de seguridade confirmou que puido recuperarse toda a información existente ata as 10.00 horas do día 25, polo que, en canto se realice o envío, empezará a usarse nas diferentes áreas.