A comarca ‘arrasou’ no Club de Debate e irán á final equipos de Negreira, Ames, Xallas e Dodro
Seis equipos da comarca clasificáronse para a final do Club de Debate, que chegará a Bertamiráns o vindeiro 3 de xuño, optando o gañador a unha viaxe en grupo.
Así, o tema de debate nas fases preliminares foi “Somos menos sociais coas redes sociais”. Na primeira xornada, o equipo que quedou no primeiro lugar foi Xente que fala, do IES do Milladoiro (premio de 500 €). Segundos foron Ames a palabra, do IES de Ames (300 €) e o terceiro posto foi para o grupo do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. Ademais, participaron o IES Eduardo Pondal, o CPI dos Dices e o equipo Debáteme esta do IES do Milladoiro.
E na segunda xornada, o IES Xulián Magariños (Negreira) acadou a vitoria absoluta, e no podio entraron tamén os Falabaratos Festeiros do IES Terra de Xallas (Santa Comba) e o do IES de Canido (Ferrol). Tamén concorreron o IES Saturnino Montojo, o equipo Filial Canido (IES de Canido), o IES Luís Seoane, os Compis Molonguis (CPR P. Calasancio Pontevedra) e Teixugos Meleiros (CPR P. Calasancio Pontevedra).
Temas
Más en Área
-
Las Xornadas de Saúde Mental van a arrancar en Bertamiráns este viernes con 140 inscritos
-
La comarca de Deza se beneficiará con una nueva ambulancia de soporte avanzado este verano
-
Cae parte de un roble de nuevo en la carballeira de Santa Minia de Brión, obligando a cerrar el espacio
-
La reforma del consistorio de Ribeira destapa la falta de columnas y vigas en el aprovechamiento bajo cubierta