Estudantes de Zas e Francia intercambiaron experiencias
Os estudantes do IES Máximo Romero de Lema e do CPI de Zas desfrutaron dun intercambio con alumnos do Collège Villebois Mareuil de Montaigu, de Francia, co fin de promover a cultura e a aprendizaxe intercultural.
Do 2 ao 8 de maio, 28 mozas e mozos de ambos institutos compartiron experiencias, actividades e visitas culturais. Ademais de percorrer lugares de interese do municipio de Zas e doutros puntos da Costa da Morte, tamén viaxaron ás cidades da Coruña e Santiago. O alumnado do Collège Villebois Mareuil compartiu cos seus correspondentes momentos en familia e descubriron as costumes, a gastronomía e o patrimonio da contorna.
O obxectivo principal do intercambio, segundo subliñan dende o IES Maximino Romero, “foi fomentar o desenvolvemento de habilidades sociais e emocionais, a tolerancia e o respeto cara outras culturas diferentes das propias. Ademais, intentamos potenciar a aprendizaxe académica a través da colaboración coas nosas compañeiras francesas”.
Temas
Más en Área
-
Trasladan a dos heridos, uno de ellos menor, tras volcar su coche en el corredor a Noia a la altura de Rois
-
A Asociación Española contra o Cancro activa o Club de Saúde no centro médico en Vimianzo
-
El río Tambre se desborda en Oroso, Dubra, Ames y Negreira, pero sin inundar viviendas todavía
-
La Guardia Civil decomisa 779 kilos de sardina en el puerto de Ribeira