A Asociación Española contra o Cancro activa o Club de Saúde no centro médico en Vimianzo

Javier Álvarez; Teresa Castro, 2ª pola esqda.; María Paz, 5ª; Mónica Rodríguez, dereita; e directivas da AECC de Vimianzo

Javier Álvarez; Teresa Castro, 2ª pola esqda.; María Paz, 5ª; Mónica Rodríguez, dereita; e directivas da AECC de Vimianzo / Cedida

Suso Souto

A Asociación Española contra o Cancro presentou o seu Club de Saúde de Vimianzo, en colaboración co Concello, para mellorar a saúde integral (física, emocional e social) das persoas nas contornas rurais, proporcionando ferramentas para fomentar un maior benestar. Á presentación asistiron Javier Álvarez Barbeito, representante do Consello Provincial da Asociación Española contra o Cancro; Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo; María Paz Rodríguez, presidenta da xunta local da asociación; e Teresa Castro, xefa de servizo do centro de saúde.

Con esta iniciativa búscase facilitar o acceso a recursos de saúde integral, especialmente en áreas onde estes servizos poden ser menos accesibles, fomentando o concepto de equidade que a asociación defende. Dirixido a pacientes con cancro, superviventes e os seus familiares, o club ofrece un espazo semanal de encontro e apoio

As actividades (talleres sobre nutrición, exercicio físico adaptado, promoción de hábitos saudables, etc.) terán lugar no centro de saúde, os martes de 17.00 a 18.30, do 4 de xuño ao 26 de novembro.

TEMAS