Síguenos en redes sociales:

Un ciclo de cursos promove a independencia dixital das persoas maiores de Lousame

Un ciclo de cursos promove a independencia dixital das persoas maiores de LousameECG

O Concello de Lousame colabora coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta no programa Os nosos maiores, mellor acompañados, unha iniciativa gratuíta dirixida ás persoas maiores de Lousame, en especial aquelas que vivan soas, para promover un envellecemento activo mediante a súa sociabilización e dixitalización.

Para iso organizaranse catro sesións nas que lles ensinarán a manexar o teléfono móbil e os ordenadores para realizar xestións a través de Internet (pedir citas médicas ou coa Administración, banca electrónica, etc.). Serán dez horas de formación, en catro sesións, que terán lugar a comezos de xuño na escola do Sanguiñal, de 10.00 a 12.30 horas. A participación é gratuíta, sendo preciso anotarse no departamento de Servizos Sociais ou chamar ó número 981 820 494.

Trátase de obradoiros prácticos e sinxelos para favorecer a independencia dixital dos maiores.

Pulsa para ver más contenido para ti