Gastronomía, artesanía, folc e rock nunha nova edición da Festa do Salmón de A Estrada

As actividades comezan o 17 de maio co pregón das Letras Galegas

Participantes na presentación da XLIX Festa do Salmón/ concello

Participantes na presentación da XLIX Festa do Salmón/ concello / s. e.

A XLIX Festa do Salmón regresa o17 de maio e ata o domingo, día 21, a A Estrada cunha ampla oferta de actividades gastronómicas e musicais. Este xoves presentouse o evento gastronómico nun acto celebrado no Concello no cal o edil, Óscar Durán, anunciou a programación xunto a representantes dos hosteleiros e membros de Musikenos.

As actividades comezan o 17 de maio co pregón das Letras Galega e despois actuará a Banda de Gaitas de Barbude. A xornada remata co concerto de primavera da Banda de Música Municipal da Estrada na alameda. O venres, día 19 haberá un roteiro de degustación de tapas de salmón e inauguración da exposición Tecededoiras: arte e talento na sombra. Xa o sábado 20 abrirase a mostra de artesanía e tera lugar o VII Raid do Salmón na praia fluvial e ruta de degustación de tapas con sesión vermú a cargo de Satisfayers rock band. Pola tarde ráfting polo Ulla, festival folc e o Salmón Rock. E o domingo, pregón das festas, entrega dos Salmons de Ouro e máis Salmón Rock.