Rianxo Gaming Experience, a feira dos videoxogos, incluirá música, talleres e competicións
Terá lugar o oito de xullo na alameda rianxeira, e haberá tamén postos de venda e de gastronomía
O Concello de Rianxo organizou para o día oito de xullo a feira Rianxo Gaming Experience, dedicada ó mundo dovideoxogo como produto cultural e de entretemento, tanto desde a divulgación de contidos educativos mediante charlas e talleres dirixidos, como tamén dende o ámbito competitivo dos eSports, ademais doutros contidos relacionados, como o Cosplay, PixelArt, postos de venda e mesmo de gastronomía.
Haberá tamén espazo para a música en directo. A hora do xantar estará amenizada polos Funky Kongs con música de videoxogos, e a Banda da Escola de Música de Rianxo pechará a xornada cun concerto sinfónico de bandas sonoras de videoxogos.
O evento está financiado polo Concello; a produción corre a cargo de Lua Gaming e conta coa participación da Fundación Museo do Videoxogo, Galicia Gamer e a asociación A Vella Escola, con talleres e actividades divulgativas, lúdicas e competitivas, que o equipo de Volvemos a Primera Producciones emitirá en streaming ao longo de toda a xornada.
Colaboran co evento varias empresas e entidades: A túa xanela, Ramón y Óscar Tubío (ROT), Creade Impresión Digital, BEEP Rianxo, Mínimo Eventos, Librería Xacobiño, Librería Cándido e a Asociación A Moreniña.
'The last of us': los videojuegos ya no son para niños
Admítense propostas
A feira celebrarase no Campo de Arriba (a alameda da Praza Castelao), durante toda a xornada do oito de xullo. Os interesados poden seguir todas as novidades sobre este evento no seu propio perfil @rianxogaming na rede social Instagram. O evento está aberto a máis colaboracións ou patrocinios publicitarios, a novas propostas de organización de actividades, e tamén á inscrición de persoas voluntarias que queiran participar na organización do evento.
Mediante contacto co perfil de Instagram ou a través do correo gamingrianxo@gmail.com aquelas persoas que o desexen poden enviar as súas propostas para a súa valoración por parte da organización.
Temas
Más en Área
-
Trasladan a dos heridos, uno de ellos menor, tras volcar su coche en el corredor a Noia a la altura de Rois
-
A Asociación Española contra o Cancro activa o Club de Saúde no centro médico en Vimianzo
-
El río Tambre se desborda en Oroso, Dubra, Ames y Negreira, pero sin inundar viviendas todavía
-
La Guardia Civil decomisa 779 kilos de sardina en el puerto de Ribeira