O Xulgado de Noia ven de abrir dilixencias contra a empresa da mina de San Finx

O inicio deste proceso parte da denuncia presentada polos patróns maiores das confrarías de Noia e de Portosín

Imaxe dos vertidos ilegais realizados pola mina

Imaxe dos vertidos ilegais realizados pola mina / Cofradía de Noia

Redacción

O Xulgado de instrución de Noia abriu dilixencias penais contra Tungsten San Finx, filial da empresa australiana Pivotal Metals, así como contra os seus administradores, Steven Turner e Susana García, por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais.

O inicio deste proceso parte da denuncia presentada polos patróns maiores das confrarías de Noia e de Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño, respectivamente, na que se incluía evidencia da contaminación que está provocando a explotación mineira situada en Lousame. A denuncia incorporaba analíticas coas que se demostra a presenza no río de metais pesados procedentes dos vertidos ilegais realizados pola mineira e tamén vídeos e imaxes nos que se observa claramente o punto no que os vertidos se incorporan ao cauce.

Sobre o isto xa se pronunciou a Xunta nunha comparecencia no Parlamento do conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen indicou que a autorización de Augas de Galicia do vertido de residuais depuradas da mina de San Finx se axusta escrupulosamente ao establecido na normativa vixente, ao tempo que lembrou que a autorización do vertido non permite o desenvolvemento da actividade mineira nese punto da explotación.