Síguenos en redes sociales:

Francisco Vidal quere poñer fin ao “abandono no que se atopa Laxe”

Francisco Vidal quere poñer fin ao “abandono no que se atopa Laxe”

O candidato á alcaldía de Laxe polo PSOE, Francisco Vidal, acompañado pola vicevoceira parlamentaria Begoña Rodríguez Rumbo, explicou no mitin central que tomou a decisión de encabezar a lista “porque dende hai anos observo o estado de abandono no que se atopa o Concello de Laxe, mentres outros municipios da comarca prosperan”. Son necesarios “cambios urxentes para corrixir esta inercia e poñer de novo a Laxe no mapa dos concellos exemplares”, indicou.

Entre as súas prioridades, Vidal destacou a de lograr “uns servizos administrativos eficientes, unha atención ao cidadán eficaz e cun seguimento dos problemas, para que non se acumulen e se perdan”. Tamén avoga por “un servizo de mantemento eficaz, baseado na planificación”, un plan de xestión de residuos que optimice a recollida e a reciclaxe, solucións reais aos problemas de tráfico, mellorar os servizos sociais, crear aparcadoiros de caravanas, promover o turismo de natureza e reforzar o apoio ás asociacións culturais e deportivas.

Pulsa para ver más contenido para ti