Síguenos en redes sociales:

A parroquia amesá de Biduído terá un aparcamento miúdo e senda de 328 metros para peóns

A parroquia amesá de Biduído terá un aparcamento miúdo e senda de 328 metros para peónsConcello

A Deputación da Coruña aprobará definitivamente as obras de construción dunha senda peonil na parroquia de Biduído, que conta cun investimento de 133.896 euros. Será este venres en pleno, no que tamén se creará unha pequena superficie para facilitar o estacionamento entre a senda e a estrada.

A actuación proxectada está encamiñada á creación dun itinerario peonil continuo e segregado cunha lonxitude de 328 metros e 2 metros de ancho. O pavimento estará composto de 20 centímetros de xabre e 15 centímetros de formigón desactivado para deixar o árido descuberto, sen esquecer o citado aparcamento para vehículos.

No treito de senda que discorre entre o acceso á igrexa e a súa conexión coa beiravía da estrada acondicionarase o recheo con terra vexetal e a plantación de céspede. A restauración do vexetal dos noiros resultantes do movemento de terras realizarase mediante hidrosementeira.

Para a rede de drenaxe empregarase canalización soterrada de PVC, pozos de rexistro e sumidoiros. No extremo exterior da senda disporase un bordo de delimitación para o encanamento da escorrentía superficial. Ampliarase a obra de drenaxe e incluirán varanda modular en aceiro e catro bancos.

Pulsa para ver más contenido para ti