Síguenos en redes sociales:

Máis de corenta persoas realizaron na Pobra un curso sobre a lingua de signos de nivel A1

Máis de corenta persoas realizaron na Pobra un curso sobre a lingua de signos de nivel A1

O Concello da Pobravén de clausurar o curso do nivel A1 en lingua de signos coa entrega dos diplomas acreditativos ás máis de corenta persoas que participaron nesta acción formativa. A administración local ofertou este nivel despois da alta demanda rexistrada nas dúas edicións previas do curso de iniciación (na convocatoria de 2022 quedaron sen poder participar 30 persoas).

As clases tiveron lugar nos luns e mércores do período comprendido entre o día 15 de febreiro e o 22 de maio na Casa da Mocidade, a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Abordáronse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico. A federación impartiu o ano pasado en Galicia 46 cursos de diferentes niveis, uns de maneira directa, nas súas asociacións afiliadas, e outros en colaboración con entidades ou concellos. Neles participaron máis de novecentas persoas.

Según o censo da Xunta, o ano pasado había en torno a 17.000 persoas xordas censadas en Galicia.

Pulsa para ver más contenido para ti