Manuel Esteban gaña o premio de novela curta de Ribeira con 'O xogo de Escher'
O vigués Manuel Esteban Domínguez, coa obra O xogo de Escher, é o gañador do IX Certame de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, convocado polo Concello e dotado con 3.000 euros. O galardón foille entregado onte pola concelleira de Cultura en funcións, María Sampedro, e Sara Vila, da editorial Xerais e integrante do xurado que a elixiu entre as 22 obras presentadas.
Manuel Esteban Domínguez manifestou que, disfrazada baixo unha novela distópica de ciencia ficción, O xogo de Escher "é en realidade outra cousa e non sei cal: se cadra unha novela histórica ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na ciencia, ou un ensaio filosófico sobre o sentido da vida, ou un exercicio de metaliteratura que pretende romper a cuarta parede e interpelar o lector, ou só e un libro que fala sobre un libro titulado 'O xogo de Escher'”.
O xurado destaca que a obra gañadora do certame “está extraordinariamente ben documentada, conta con distintos niveis de lectura ao tempo que abre a posibilidade de reflexionar en cuestións como a dependencia tecnolóxica e diliemas aos que nos enfrontan as novas tecnoloxías” e que se trata dun texto “de calidade excepcional, ben estruturado e cun léxico moi variado e un ritmo áxil”.
Temas
Más en Área
-
Ponteceso audita facturas pendientes de pago de 2020 a 2023 y que superan el millón de euros
-
La nueva depuradora de Urdilde estará lista en verano y podrá dar servicio a toda la parroquia
-
Nuevo paso para humanizar la mayor urbe maiana: formalizan las obras a lo largo de 1,5 km
-
Ames negociará con la Xunta para levantar 213 viviendas de protección junto al IES de Milladoiro