A Laracha reforza o control da auga da rede local para garantir o servizo en épocas de seca
Reforzaranse os elementos de medición e control de caudais nos puntos de captación de auga para a subministración da Laracha, Paiosaco e Caión
O Concello larachés reforzará os elementos de medición e control dos caudais nos puntos de captación de auga para a subministración das tres zonas principais de abastecemento: a da Laracha (que dá servizo a 4.500 habitantes), a de Paiosaco (1.500 veciños) e a de Caión (900 residentes).
A intervención ten por finalidade contabilizar a totalidade da auga de traída nos distintos puntos de captación (río Anllóns e mananciais) por medio da instalación de caudalímetros electromagnéticos, ao tratarse de instrumentos que poden facer a medición sen estar en contacto coa auga. O obxectivo é garantir a prestación adecuada do servizo en cantidade e calidade perante situacións de seca, reducir a vulnerabilidade dos sistemas de abastecemento municipais establecendo normas e medidas para o aproveitamento dos recursos buscando o equilibrio co medio natural, e garantir a protección da saúde pública durante situacións que poidan xerar risco no abastecemento ou na subministración de auga para o consumo humano.
O proxecto está valorado en 17.000 € e para o seu cofinanciamento contará cunha achega económica da Vicepresidencia Segunda da Xunta ao abeiro do Fondo de Cooperación Local.
Temas
Más en Área
-
Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
-
O día 3 será o xuízo pola multa a un rianxeiro que esixiu ser atendido en galego no centro médico
-
María Rivas supervisa varias actuaciones de Costas del Estado en Boiro
-
La demolición del dique de Neixón permitirá recircular las corrientes en la ensenada de Taragoña