A veciñanza de Fisterra manifestarase este venres para pedir máis seguridade na recta da Anchoa
Demandan á Xunta que limite a velocidade e que habilite pasóns de peóns, entre outras melloras // Un veciño de 80 anos perdeu a vida tras ser atropelado o pasado domingo
A Asociación Anchoa, de Fisterra, convocou para este venres, ás 20.00 horas, unha manifestación para demandar á Xunta que adopte as medidas necesarias para reforzar a seguridade viaria na coñecida como recta da Anchoa, onde o pasado domingo houbo que lamentar un novo atropelo que se cobrou a vida de José Sixto, de 80 anos. Fan un chamamento á veciñanza para que participe na protesta, que partirá dende o Taller Sambad e rematará na curva do 107.
Baixo o lema Non máis mortes na Anchoa, o colectivo veciñal, que xa organizara unha concentración o pasado martes no lugar do accidente, recupera as mobilizacións ante a falta de resposta por parte da Administración autonómica. A súa é unha reivindicación que vén de anos atrás e seguen sen resposta. Solicitan que se limite a velocidade na recta a 50 km/h (actualmente está a 70 km/h), que se habiliten pasos de peóns e que se constrúan beirrarúas, entre outras melloras.
Melloras que tamén foron solicitadas por parte do Concello de Fisterra pero que, polo momento, topáronse coa negativa da Xunta alegando que se trata dun tramo que non é urbano.
Temas
Más en Área
-
Educación alaba la cooperación “plena” y dará su apoyo en la transición de director en el Instituto do Milladoiro
-
Cuenta atrás para que Milladoiro tenga colegio con la ‘descarga’ que se prevé el próximo día 22 de la línea eléctrica enterrada
-
Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra y Muxía reforzarán la impulsión de agua desde el embalse a la ETAP
-
La obra ‘As r(h)umorosas´ logró agotar las entradas en Milladoiro