Experimentos e xogos científicos no Día da Ciencia de Fernando Blanco

Estudantes desfrutando do Día da Ciencia na Rúa, en Cee

Estudantes desfrutando do Día da Ciencia na Rúa, en Cee / IES Fernando Blanco

Redacción

O alumnado do Club de Ciencia do IES Fernando Blanco de Cee, acompañado polo seu profesorado de materias científicas, desfrutou do Día da Ciencia na Rúa que, debido ao mal tempo, tivo que celebrarse no pavillón polideportivo.

Máis de 450 alumnos e alumnas do IES Agra de Raíces, IES Lamas de Castelo (Carnota), CEIP Vila de Cee, CPR Manuela Rial e do propio IES Fernando Blanco puideron ver e participar en varios experimentos e xogos científicos percorrendo os 12 postos onde alumnado do Club de Ciencia explicaba en que consistían.

Construír gafas 3D, extraer o ADN dos amorodos para observalo a través do microscopio, esferificar alimentos, un taller de mecánica, a construción de cúpulas de Leonardo, o xogo do Tamgram e de Torres de Hanoi, e un Pasapalabra científico foron algunhas das experiencias que viviron.

O obxectivo da xornada é conseguir que o alumnado amose o coñecemento adquirido e faga partícipe do seu traballo á poboación en xeral, así como que mellore a súa competencia comunicativa, científica e divulgativa.

Desde a dirección del IES Fernando Blanco agradecen ao Concello de Cee “os medios que puxeron á nosa disposición para realizar esta xornada, que confiamos se poida repetir no futuro”.