Incautan 244 quilogramos de peixe que excedían o cupo diario dunha embarcación de Porto do Son

Caixas de sardiñas incautadas na localidade de Porto do Son

Caixas de sardiñas incautadas na localidade de Porto do Son / Garda Civil

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta, incautou 244 quilos de sardiña que excedían a cota diaria dun barco do porto de Porto do Son.

A incautación tivo lugar cando efectivos de ambas as unidades realizaban un servizo de control de capturas na mencionada dependencia.

No transcurso do mesmo, observaron como desde unha das embarcacións de pesca se descargaban varias caixas de sardiña directamente a un camión. Os axentes precederon á interceptación do vehículo para a comprobación da carga que transportaba e, ó solicitarlle ó condutor a documentación que amparase o citado transporte, comprobaron que carecía dela.

Ante a ausencia de documentos, procedeuse á incautación de 22 caixas de sardiñas, cun peso total de 244 quilos, constatando que ditas capturas non figuraban rexistradas no diario electrónico de pesca do barco e correspondían a un exceso na cota diaria de capturas. As sardiñas incautadas entregaranse ó Banco de Alimentos de Santiago.