Andaina e actos culturais contra o dano cerebral este verán en Lalín

Os edís Avelino Souto e Paz Pérez, esqu., con Fernández e García

Os edís Avelino Souto e Paz Pérez, esqu., con Fernández e García / cDL

Representantes do Concello de Lalín, da Federación Galega de Dano Cerebral e do Centro ETP presentaron en Lalín a II Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral que chegará o 2 de xullo, así como o ciclo Coñecendo o dano cerebral adquirido en Lalín. Todas estas actividades enmárcanse no convenio de colaboración que une á capital do Deza con Fegadace para a realización de actividades de sensibilización e prevención. A cita vai ser no quilómetro cero galego, na praza de Galicia de Lalín, e a inscrición está xa aberta en www.carreirasgalegas.com (poderá tramitarse ata o xoves 29 de xuño ás 23.59 horas). No mesmo enderezo é posible realizar xa unha doazón ao Dorsal 0, para aquelas persoas que non vaian poder asistir. O evento comeza ás 09.15 coa apertura das mesas de recollida de dorsais e o servizo de gardarroupa. Ademais, este verán sucederanse unha mostra no auditorio, Punto e seguido, 26 de xuño; charla de sensibilización (4 de xullo na biblioteca), obradoiro dos Bolechas (día 5) e cinefórum (o 6).