Veciños de Corrubedo saen ás rúas: "Tivemos médico toda a vida e agora estánnolo sacando"
Arredor de 80 veciños manifestáronse esta mañá en Santiago para esixir o mesmo médico todos os días
Moncha, unha das veciñas implicadas na protesta denuncia que "levamos dende noviembre tendo médico dous días ou tres á semana"

Javier Rosende Novo
Redacción
Aproximadamente uns 80 veciños e veciñas de Corrubedo tomaron as rúas de Santiago de Compostela durante esta mañá para denunciar a situación de atención médica que están vivindo nesa localidade coruñesa pertencente á comarca de Ribeira.
Cargados con pancartas con mensaxes como "Médico xa" ou "Hoxe o enfermo son eu, mañá podes ser ti", a Plataforma Veciñal de Corrubedo esixe un servizo médico de calidade, que non cambie de doutor e que se manteña estable durante toda a semana.
"Dous días ou tres á semana"
“Levamos dende noviembre tendo médico dous días ou tres á semana", relata Moncha, unha das veciñas implicadas na protesta xa cansada da situación, pois esta non é a primeira manifestación que protagoniza o grupo de veciños, xa que empezaron a facelo precisamente dende o pasado mes de novembro.
Moncha explica que a situación parecía mellorar nas últimas semanas, xa que sempre tiñan médico todos os días. Non obstante, "esta semana pasada tivemos médico só dous días á semana" e non só iso, senón que "cada día mándannos un médico distinto", o cal só fai empeoralo todo.

A manifestación dos veciños de Corrubedo en imaxes / Javier Rosende Novo
"Tivemos médico toda a vida no noso pueblo e agora estánnolo sacando", sentencia Moncha, que denuncia que Corrubedo "é un pueblo de xente de maiores", os cales non poden coller o servizo de transporte público para ir a Ribeira, onde se atopa o centro médico máis cercano.
"Estamos a nove kilómetros do centro de saúde de Ribeira", recalca sendo máis concreta Moncha, e "non podemos consentir quedar sen médico". É por iso que "vimos aquí a protestar para que nos poñan o médico que nos pertenece coma toda a vida", finaliza.
A protesta rematou co cántico de "Queremos o mismo médico todos os días" fronte ao Parlamento de Galicia, ubicado na Rúa do Hórreo da capital galega.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Un incendio en un edificio de Pontepedriña atrapa a uno de sus vecinos: los bomberos trabajan en el lugar
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque