Carballo fomenta a mobilidade sostible cun ciclo de rutas a pé polas sendas ciclo-peonís

O vindeiro sábado, día 29, camiñarán dende Carballo ata Razo polas sendas do Cicl-Ando

Un grupo de camiñantes por unha das sendas peonís de Carballo / C. C.

Un grupo de camiñantes por unha das sendas peonís de Carballo / C. C. / REDACCIÓN

Redacción

A Concellaría de Mobilidade de Carballo puxo en marcha un programa de rutas a pé pola rede de sendas ciclopeonís do proxecto Cicl-Ando Carballo co fin de seguir avanzando cara unha mobilidade máis sostible e promover hábitos de vida saudables entre a veciñanza.

Na primeira participou un nutrido grupo de veciños e veciñas de todas as idades, que percorreron a senda perimetral do polígono industrial de Bértoa, acompañados por persoal de Protección Civil e Policía Local.

O vindeiro sábado, día 29, camiñarán dende Carballo ata Razo polas sendas do Cicl-Ando. Esta iniciativa forma parte do programa Eu quero Razo-Baldaio, organizado pola Concellaría de Medio Ambiente, que conta coa colaboración das Escolas de Balonmán Xiria para a organización e tamén de Gadis. Hai un límite de 200 prazas.

A terceira ruta coincidirá co Día Mundial do Peón, o 17 de agosto. Partirá ás 19.00 horas cara ao polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora, aproximadamente, e apto para todas as idades.