Padrón apela á concienciación no consumo de auga potable, que se dispara cada verán

O consumo medio mensual no concello disparouse os dous últimos meses

Galicia aprende a convivir con la sequía

Atlas

Redacción

O Concello de Padrón e a empresa Espina & Delfín, concesionaria do servizo de auga, poñen en marcha a campaña Está na túa man, pecha a billa cando toca para fomentar o consumo responsable de agua. O obxectivo é concienciar á veciñanza da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos naturais, sobre todo durante a tempada de verán.

A diminución de precipitacións xunto ás elevadas temperaturas propias da época estival afectan os caudais ecolóxicos dos ríos, polo que se fai imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable. En 2022, o consumo medio mensual no concello de Padrón foi de 97.715 metros cúbicos, unha cifra que se superou de forma preocupante en xullo (121.140 m3) e agosto (113.957 m3 ), dándose a circunstancia de que estes dous meses levan sendo os de maior consumo de auga potable nos últimos tres anos.

Co obxectivo de facer un consumo responsable da auga, esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga, como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño ou non usar o retrete como papeleira.