Barbanza-Arousa crea unha rede de sendeiros en torno a tres ríos

A información das rutas está dispoñible na web da Mancomunidade no seu apartado de Deporte e Natureza, no que se poden consultar as características e datos de interese dos catro sendeiros

Pola esquerda, Cachafeiro, Suárez-Puerta, Romero, Vidal e Bustelo

Pola esquerda, Cachafeiro, Suárez-Puerta, Romero, Vidal e Bustelo / MBA

A Mancomunidade Barbanza-Arousa presentou a Rede Comarcal de Sendeiros, que vén reforzar a oferta dispoñible para a realización de actividades en contacto coa natureza, tan demandadas na actualidade, tanto para os veciños e veciñas da comarca como para os visitantes e turistas.

A información das rutas está dispoñible na web da Mancomunidade no seu apartado de Deporte e Natureza, no que se poden consultar as características e datos de interese dos catro sendeiros: no concello de Rianxo, o Roteiro do río Té; no oncello de Boiro, o Roteiro do Castelo de Vitres; no da Pobra do Caramiñal, a subida á Curota polo río Pedras; e no de Ribeira, a senda fluvial do río Artes.

Estes catro itinerarios acadaron a homologación pola Federación Galega de Montañismo e atópanse perfectamente sinalizados, sendo aptos para todos os públicos. Con este proxecto fortalécese o destino Barbanza-Arousa para o turismo familiar, no que a sustentabilidade e calidade son base para o desenvolvemento do sector.