O Bloque amiense lembrou os once Homiños de Boimorto, asasinados hai 87 anos en Os Batáns

David Santomil, durante a súa intervención no acto

David Santomil, durante a súa intervención no acto / BNG

Redacción

Como cada ano, o BNG de Ames lembrou aos once veciños de Boimorto que en agosto de 1936 foron asasinados polos fascistas en Os Batáns (Ames) por non renunciar á súa ideoloxía democrática e republicana. Oitenta e sete anos despois, só tres deles poideron ser identificados e os seus restos trasladados a unha sepultura. Os demais seguen en fosas comúns en Ortoño. Son os Homiños de Boimorto. Na súa intervención, Natividade González, concelleira e deputada provincial, referiuse á necesidade de manter a memoria dos represaliados e a reparación para as súas familias. David Santomil, concelleiro e voceiro do BNG, incidiu no compromiso da formación de seguir celebrando cada ano este acto “para facer memoria”, sinalou.

Xosé Luis Rivas, Mini, deputado autonómico, reivindicou o propósito de “rachar o silencio en torno aos que pagaron coas súas vidas o non renunciar aos dereitos e soños de todos”. Alexandra, bisneta dun asasinado, dixo que “a memoria dos Homiños de Boimorto permanece e debe permanecer viva”.