Premios para as novas empresas amesás e as xa consolidadas que impulsen o uso do galego
A iniciativa Premio Lingua e Empresa recoñece as empresas que empregan o idioma galego na súa actividade

Empresarios e autoridades na presentación dos premios / concello
O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu a presentación da sexta edición do Premio Lingua e Empresa, que promove o uso da lingua de Castelao na actividade económica local. Inclúe dúas categorías, galardoadas con 3.000 e 1.500 euros, ademais dunha campaña de difusión en Ames Radio. Os interesados en sumarse poden enviar a ficha da web ata o 26 de outubro por email (a normalizacion@concellodeames.gal).
No acto estiveron presentes o alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, acompañado de representantes de todas as asociacións de empresarios e comerciantes amesás, Hostalaría.gal, Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación Viorneira, Palmira Bulebar e Asociación de Empresarios Novo Milladoiro e empresas locais. A iniciativa recoñecerá, por unha banda, as empresas que teñen un uso consolidado e estable do galego dende hai máis de dous anos e por outro as creadas nos últimos dous anos ou que incorporaran o galego nese período.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La humanización de Milladoiro acaba: fin de semana de asfaltado y recepción el 29
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La Real Filharmonía de Galicia, en la encrucijada
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional