#CostaDaMorteEnFamilia

Campaña para incentivar as visitas turísticas de familias no outono-inverno á Costa da Morte

Uxía, co a súa familia, durante o percorrido por Costa da Morte / CMAT

Uxía, co a súa familia, durante o percorrido por Costa da Morte / CMAT / J. M. RAMOS

Desestacionalizar o turismo, incentivar e fomentar as visitas de grupos e familias nas fins de semana e pontes festivas durante os meses de outono e inverno é o obxectivo da campaña #CostaDaMorteEnFamilia, promovida polo ente xestor do xeodestino (CMAT).

A iniciativa comezou esta fin de semana coa chegada da familia da blogueira @uxiaviaxeiragarcia, que conta con máis de 17.000 seguidores nas súas redes sociais, e que dará a coñecer nas súas canles os momentos máis destacados da súa experiencia no territorio. Visitaron A Laracha, Coristanco, Vimianzo, Camariñas, Malpica e Mazaricos, da man de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), que preparou o circuíto en coordinación cos técnicos locais.

O presidente de CMAT, Manuel Muíño, asegura que a campaña “é un proxecto iniciado hai anos e con moi bos resultados, que pretende atraer o turismo familiar de proximidade ao noso territorio, á marxe do verán”. Destaca que o xeodestino dispón “dunha oferta turística diversificada, de calidade e sostible”.