Laxe convértese en escenario para a rodaxe dun spot publicitario para promocionar as motos de trial

Os pilotos Jorge CAsales, Gabriel Marcelli e Berta Abellán protagonizaron as acrobacias

O Concello considera que será un impulso máis para a promoción do turismo

Un dos pilotos durante a rodaxe en Punta da Insua

Un dos pilotos durante a rodaxe en Punta da Insua / Concello de Laxe

J. M. Ramos

O Concello de Laxe converteuse no escenario dunha rodaxe para a gravación dun spot de motos de trial por parte do Equipo TSR. A Punta da Cruz acolleu a filmación de diferentes manobras e acrobacias realizadas polos pilotos Jorge Casales Carrasco, Gabriel Marcelli Carballido e Berta Abellán Marsiñach, que se verán reflexadas nun anuncio que verá a luz nos vindeiros meses.

Desde a empresa produtora, Csar Visual Studio, aseguran que a elección do Concello de Laxe como fondo para este anuncio non foi casualidade, pois “as súas características e a paisaxe natural ofreceron o telón de fondo ideal para as escenas cos pilotos de trial”.

Desde o goberno local, que preside José Luis Pérez, aseguran que “a realización deste tipo de gravacións publicitarias sempre supoñen un impulso para o turismo, amosando fóra da nosa zona as riquezas e os tesouros que ofrece o noso concello”. Agradecen tamén a TSR "por elixir Laxe como marco para promocionar a súa marca de trial”.