O catedrático Ángel Carracedo asistirá hoxe a un encontro amiense con tres podcasters

Redacción

A casa da cultura do Milladoiro acollerá hoxe de 17.00 a 20.00 horas a gravación do podcast Quedamos para un café, dirixido por María José Bermúdez. O evento será aberto a todos os públicos ata completar aforo, de xeito gratuíto, e conta coa colaboración do Concello de Ames e de Raiola Networks. Haberá unha mesa redonda cos podcasters Patricia Pérez, Leo Menéndez e Paula Morais, que falarán dos seus proxectos, e o invitado principal será Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética.