A Academia Xacobea celebra este martes en Noia unha xornada sobre o Camiño pola ría

Pola esquerda, Agustín Dosil, da Academia Xacobea, Teresa Villaverde e José Pérez.

Pola esquerda, Agustín Dosil, da Academia Xacobea, Teresa Villaverde e José Pérez. / Concello de Lousame

Suso Souto

A Academia Xacobea celebra este martes en Noia a xornada Camiño da ría Muros-Noia Portus Apostoli. Comezará ás 10.00 horas cun roteiro polo Camiño de Santiago en cada municipio. Ás 17.30 será o acto solemne da Academia no Casino e a inauguración das instalacións cedidas polo Concello para que a entidade celebre as súas actividades. Tras o ingreso de 5 novos membros da Academia, ás 20.00 o Coliseo Noela acollerá a Gala Xacobea, con intervencións culturais e musicais.