As Raíñas Magas percorrerán as parroquias boirenses na xornada do xoves día catro

O alcalde, José Ramón Romero, 4º pola esqda., cos organizadores da cabalgata.

O alcalde, José Ramón Romero, 4º pola esqda., cos organizadores da cabalgata. / Concello de Boiro

Suso Souto

O Concello de Boiro e a Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón organizan a Cabalgata de Reis do día 5, que sairá de Escarabote. Estará formada por 8 carrozas e contará coa animación musical da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B.

O percorrido contará cunha zona sen ruído na rúa Principal. Este ano repetirase a visita das Raíñas Magas a todas as parroquias do municipio (o xoves 4 todo o día, comezando ás 11.30 en Abanqueiro).