Melide destina preto dun millón a adquirir espazos para aparcamento e eventos

Os solares que xa se estaban a empregar como parquin, e que agora adquiriron

Os solares que xa se estaban a empregar como parquin, e que agora adquiriron / Concello

O Concello de Melide vén de formalizar a adquisición directa de catro parcelas no centro da vila que conforman un amplo solar que queda deste xeito dispoñible para o uso de aparcadoiro público e celebración de grandes eventos. Este solar xa tivera estes usos no pasado recente, xa que entre 2020 e 2022 foi cedido, de forma gratuíta, con estes fins. 

A adquisición destes terreos xustifícase na necesidade do municipio de contar con espazos nun emprazamento especialmente privilexiado para os usos previstos. Así, o solar está situado no centro do trazado urbano, a só corenta metros da N-547. A súa utilización como local de estacionamento público supón, por tanto, a oportunidade de desconxestionar o tráfico rodado nunha zona céntrica atravesada a diario por un importante número de vehículos.

Do mesmo xeito, e dados os usos provisionais previstos (grandes eventos, feiras e festas) a súa situación é especialmente adecuada por atoparse adxacente ao Camiño. As catro parcelas terán un prezo final de 974.950 euros, dada a aplicación do IVE correspondente. 

TEMAS