Síguenos en redes sociales:

Fran Sieira estreará o día dous o espectáculo de danza ‘Ceibe’

Fran Sieira estreará o día dous o espectáculo de danza ‘Ceibe’Cedida

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou no auditorio de Ribeira os ensaios de Ceibe, a nova produción na que está a traballar a compañía de danza de Fran Sieira co apoio das subvencións á creación escénica da Xunta. O espectáculo ten programada a súa estrea o vindeiro día dous de marzo no auditorio municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas, tras a que emprenderá unha xira durante a que, a partir de abril, chegará tamén á Rede Galega de Teatros e Auditorios, con representacións en Ames, Vilagarcía, Narón e Lugo.Ceibe propón un ambicioso camiño de investigación no que se cuestionan as identidades de xénero, normativas e hexemónicas, do baile tradicional galego, experimentando con danzas do noso folclore para crear unha nova linguaxe máis inclusiva, afastada dos estereotipos que asignan distintos modos de bailar a cada un dos roles tradicionais. A peza, de sesenta minutos, ten un corpo de baile de nove intérpretes, entre os que figura Aida Tarrío, do grupo Tanxugueiras.

Pulsa para ver más contenido para ti