Terras de Compostela presume de plan turístico e filloa de Lestedo en Fitur

O delegado do Goberno apoiou o plan do Grupo de Desenvolvemento Rural para a comarca compostelá

O mesmo GDR envorcouse coa exaltación gastronómica que chegará a Boqueixón o vindeiro día 18

O delegado do Goberno Pedro Blanco, sexto pola esquerda, con alcaldes e técnicos de Terras

O delegado do Goberno Pedro Blanco, sexto pola esquerda, con alcaldes e técnicos de Terras / GDR

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, apoiou en Fitur a presentación do novo produto turístico do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Terras de Santiago, que impulsa o GDR Terras de Compostela coa colaboración do Ministerio de Industria e Turismo. Este plan ten como obxectivo mellorar a cuota de mercado dos dez municipios que conforman esta asociación afondando nos potenciais enogastronómicos da comarca de Santiago.

E, do mesmo xeito, A Festa da Filloa de Lestedo deuse a coñecerno mesmo feiral a través dunha delegación de representantes da Asociación Cultural da Filloa, xunto co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, trasladouse á esta cita internacional para participaren na presentación protagonizada polo GDR Terras de Compostela.

Desde a Asociación Cultural da Filloa agradeceron “o apoio que o xeodestino vén amosando á nosa festa desde hai anos”, e que terá unha nova edición o vindeiro 18 de febreiro. E unha proba diso foi a participación nesta presentación, que se complementou cunha degustación de Filloas de Lestedo para o público asistente.