A Pobra mellorará a accesibilidade na praia do Areal, o paseo do Campo da Alta á Lombiña e o mercado

O alcalde, Carlos Vidal, cos edís Sobrido, esquerda, Lojo, Cerecedo e Piñeiro

O alcalde, Carlos Vidal, cos edís Sobrido, esquerda, Lojo, Cerecedo e Piñeiro / Concello da Pobra

Suso Souto

O Concello da Pobra destinará 200.540 € do POS+2024 da Deputación ao financiamento de gasto corrente, mentres que con cargo ao remanente do plan do ano pasado executaranse catro intervencións por un importe total de 157.373 € (155.520 € do ente provincial e 1.852 € do Concello).

O alcalde, Carlos Vidal, explicou que a mellora de accesibilidade da praia do Areal (30.062 euros) suporá a corrección da pendente de tres ramplas adaptándoas á normativa vixente, dotación de varandas e reparación dunha das escaleiras e de parte do muro. Á mellora de accesibilidade, instalación de cancelas en accesos e tratamento de fachadas da praza de abastos destinaranse outros 34.859 euros.

No paseo da praia da Lombiña ao Campo da Alta (47.966 euros) actualizaranse os madeirames, nivelarase a zona, proporcionarase malla antiesvarante á pasarela e colocarase mobiliario.

Tamén se pavimentará no polígono (44.484 €) a estrada que vai da rotonda da AC-302 á rotonda principal do parque. Co Plan Complementario dotarase de saneamento a Ouxo (126.120 euros).