Muros suspende por segunda vez o concurso de comparsas do Entroido polo mal tempo
O Concello de Muros vén de informar que o concurso de comparsas, programado para este domingo 25 de febreiro, posponse outra vez debido á previsión de choivas persistentes. Tras as consultas realizadas este venres a Meteogalicia sobre as condicións meteorolóxicas previstas para o día do evento, o Concello recibiu a confirmación da chegada dunha fronte de choivas persistentes. Xunto con isto, a Garda Civil tamén recomenda o seu aprazamento.
Por iso, co propósito de garantir a seguridade e o divertimento de todas as persoas participantes e do público, o executivo local tomou a decisión de aprazar o concurso. A nova data de celebración será comunicada debidamente nos próximos días, unha vez que se avalíen todas as opcións dispoñibles.
"Agradecemos profundamente a vosa comprensión e paciencia neste asunto. Estamos comprometidos a ofrecer un evento da máxima calidade e estamos seguros de que, co voso apoio, conseguiremos facelo realidade nunha data próxima. Para facer máis ameno este aprazamento momentáneo, buscamos voluntariado para unha misión especial: por que non imos poñer ovos a Santa Clara? Si, tes ben lido, precisamos da vosa axuda! Viva o Entroido!", sinala o Concello nun comunicado. As actividades programadas para o concurso do Entroido polo Concello incluían a animación musical a cargo do grupo La Maquinaria Band.
Temas
Más en Área
-
Espectacular vuelco de un camión en Arzúa del que alertó su propio conductor mediante una llamada al 112
-
Aromas de café en el Pazo de Goiáns
-
A Pobra activa un servicio gratuito de asesoramiento para 70 comerciantes
-
Las familias del colegio Barrie de la Maza aprueban tras dos décadas de votaciones la jornada única para Santa Comba