Amigos de Galicia forma trinta e unha mulleres de Carballo para traballar en supermercados

Dez delas xa acadaron a inserción laboral

O curso inclúe un ano de seguimiento e orientación

O alcalde, no centro, presidiu o acto de entrega de diplomas

O alcalde, no centro, presidiu o acto de entrega de diplomas / Concello de Carballo

J. M. Ramos

A Fundación Amigos de Galicia formou a 31 mulleres carballesas para traballar en supermercados, no marco do seu plan de accións formativas para que as persoas con máis dificultades para acadar a inserción laboral poidan adquirir as destrezas precisas para conseguir un emprego. Con ese obxectivo, promoveu o curso de Caixera-repoñedora en supermercado, dentro do programa EM-Feminino, subvencionado pola Deputación da Coruña e que contou coa colaboración do Concello de Carballo. A formación complementouse con itinerarios personalizados de busca de emprego.

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Servizos Sociais, Maica Ures, presidiron o acto de entrega de diplomas ao que asistiron 11 das 31 mulleres que participaron no curso. Das 20 restantes, 10 acadaron xa a inserción laboral e outras 10 seguen a formarse.

Ademais das 30 horas de duración do curso, esta acción promovida pola Fundación Amigos de Galicia inclúe un ano de seguimento e orientación ás participantes.

TEMAS