Villares reclama que se axilice o proxecto estratéxico para a cadea mar-industria
O conselleiro critica o “mini Perte” de 50 millóns que propón o Goberno central
Visitou a factoría de Portosin Fiss, referente en boas prácticas e innovación

Pérez Sieira, esquerda, Luis Oujo e Alfonso Villares nas instalacións de Portosín Fiss / Xunta
J. M. Ramos
O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, reclama ao Goberno central que axilice a activación do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (Perte) da cadea mar-industria, co fin de que o sector poida investir na modernización que lle permita gañar competitividade.
O responsable autonómico, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, reiterou a súa demanda durante a visita ás instalacións da empresa Portosin Fiss, dende onde demandou tamén que esta liña de axudas europeas teña unha dotación económica suficiente para alcanzar os seus obxectivos.
Así, Villares criticou a proposta de “mini” Perte anunciado polo ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, dotado con 50 millóns de euros dos cales 40 serían en subvencións e os 10 restantes a préstamos. Unhas cantidades que cualificou de “insuficientes” tendo en conta a relevancia económica da cadea mar-industria galega, que factura 9.000 millóns de euros anuais e emprega 50.000 persoas. Subliñou ademais o seu marcado carácter exportador, xa que segundo as previsións no 2023 superouse a cifra récord de 2.700 millóns de euros alcanzados no 2022.
Reclama ademais que as institucións europeas e nacionais permitan incrementar as capacidades de pesca da frota galega e afondar nas campañas de promoción dos produtos pesqueiros.
Asemade, o conselleiro puxo en valor a contribución de empresas como Portosin Fiss, e o traballo das 50 persoas empregadas nesta factoría, ao liderado do sector pesqueiro galego a nivel internacional, referente en boas prácticas medioambientais, e innovación tecnolóxica. Un bo facer dixo, “que se ve reflectido na súa traxectoria de éxito respectando no procesado a excelente calidade da materia prima para que chegue ao cliente nas mellores condicións posibles”.
Alfonso Villares coñeceu da man dos responsables da empresa as modernas instalacións coas que conta a compañía en Porto do Son, que se suman ás que dispón en Boiro, nas que ofrece un servizo de almacenamento frigorífico previo a súa distribución no que se mantén un escrupuloso control da cadea de frío.
No 2023 Portosín Fiss puxo en marcha melloras dirixidas a introducir as últimas tecnoloxías para afondar na sustentabilidade medioambiental da actividade. Na actualidade ten unha capacidade de almacenamento de 2.000 toneladas de produto, así como para mercadoría en depósito aduaneiro.
- El pueblo medieval de Galicia que se convierte en la capital del arte: 25 espectáculos desde el viernes para reír, emocionarse y vibrar
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- De una punta a otra de España en tiempo récord: tres radares de Tráfico cazan al mismo conductor en Galicia, Zamora y Jaén más de 200 kilómetros por hora
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Air Nostrum recupera este verano una de las conexiones más singulares para Santiago
- Alquilar junto al mar en Galicia: de los 622 euros de Narón a los 1.352 de Sanxenxo
