A confraría de Porto do Son amplía equipamentos cunha nova fábrica de xeo e carretillas elevadoras

A Consellería do Mar, coa cofinanciación da FEMP, investiu máis de 500.000 €

Alfonso Villares avaliou co patrón maior as necesidades do sector

Alfonso Villares, segundo pola dereita, durante a visita á confraría de Porto do Son

Alfonso Villares, segundo pola dereita, durante a visita á confraría de Porto do Son / Xunta

J. M. Ramos

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, supervisou este luns a nova fábrica de xeo que dará servizo á confraría de Porto do Son, e permitirá garantir a conservación das propiedades e condicións hixiénico-sanitarias, e da calidade das capturas permitindo incrementar o control de rastrexabilidade dos produtos pesqueiros desembarcados neste porto. Na nova instalación, financiada pola Xunta co apoio de fondos do FEMP, investíronse 410.000 euros.

Ademais, o pósito dispón de dúas novas carretillas elevadoras semicabinadas, unha eléctrica e dous transpalets galvanizados. Uns equipamentos que supuxeron un desembolso de case 97.000 euros.

Villares subliñou que con estes investimentos, a Xunta pretende “afondar na modernización das infraestruturas portuarias mellorando a súa dotación de equipos e de servizos procurando á vez acadar unha maior eficiencia enerxética e a protección ao medio ambiente”. Aproveitou tamén a súa visita para avaliar co patrón maior, Emilio Queiruga, as novas necesidades do sector.

TEMAS